Online Access
http://arquivo.galiciana.gal/arpadweb/gl/consulta/registro.do?id=982266http://arquivo.galiciana.gal/arpadweb/gl/catalogo_imagenes/grupo.do?path=25285
http://hispana.mcu.es/es/registros/registro.cmd?tipoRegistro=MTD&idBib=23475696
Abstract
Historia archivística: DescoñecidaHistoria institucional o biografía: Xohán Vicente Viqueira naceu en Madrid o 22 de outubro de 1886 e morreu aos 38 anos na Lagoa, Bergondo, o 29 de agosto de 1924. Estudou o bacharelato en Betanzos e en 1898 trasladouse a Madrid para completar os seus estudos na Institución Libre de Enseñanza. Nesta cidade cursou Filosofía e Letras, licenciándose en 1911. Continuou a súa formación en universidades alemás e francesas. En 1917 gañou a cátedra de psicoloxía, lóxica e ética no Instituto Xeral de Santiago e no mesmo ano trasladouse ao da Coruña. Nesta cidade vinculouse ás Irmandades da Fala centrando desde entón as súas preocupacións en Galicia. Colaborador habitual de A Nosa Terra, ademais de publicar numerosos traballos sobre filosofía, psicoloxía e pedagoxía, tamén cultivou a poesía en galego. Casou en 1917 con Jacinta Landa Vaz, quen, xa viúva, en 1936 tivo que exiliarse marchando a México onde residiría ata a súa morte.
Alcance y contenido: Neste fondo consérvase un pequeno volume de documentación do intelectual galego e da súa familia. Destacan, en primeiro lugar, quince cartas, a maioría delas do propio Viqueira á súa dona, Jacinta Landa, datadas entre 1920 e 1921; etapa na que o coruñés se atopaba en Madrid. Outro grupo está composto por varios documentos de carácter biográfico e de moi variada tipoloxía: un pasaporte, unha licenza de traballo, a folla de servizos como profesor de instituto, etc. Dentro deste grupo incluímos o mecanoscrito dun artigo sobre Viqueira de Ramón Carracido, escrito moitos anos despois da morte do filósofo galego. Finalmente, consérvanse un manuscrito autógrafo de Viqueira cunha antoloxía de poesía galega e dúas publicacións periódicas con referencias ao autor. Cronoloxicamente, a maior parte da documentación pertence ás décadas de 1910 e 1920.
Date
1917-02-15Type
DocumentoIdentifier
oai:hispana.mcu.es:23475696http://arquivo.galiciana.gal/arpadweb/gl/consulta/registro.do?id=982266
http://arquivo.galiciana.gal/arpadweb/gl/catalogo_imagenes/grupo.do?path=25285
http://hispana.mcu.es/es/registros/registro.cmd?tipoRegistro=MTD&idBib=23475696